Encontro dos líderes en Caminha
Caballero quere para Galiza un goberno da esquerda plural como o que lidera Costa en Portugal
26/ago./18
Transmitir imaxe de partido de goberno á fronte dunha coligación plural e, de paso, proxectar tamén a súa propia figura. Eses foron os obxectivos que animaron Gonzalo Caballero a manter este sábado en Caminha un encontro co líder do Partido Socialista portugués e primeiro ministro do país luso, António Costa.