andaina

Val do Vilameá (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Val do Vilameá e Mina das Sombras

Unha vez máis, e como tantos outros veráns, contemplamos como ardía impunemente parte da serra do Xurés, un dos espazos galegos que conta con máis figuras de protección: LIC e ZEC Baixa Limia-Serra do Xurés, Parque Natural Baixa Limia, Parque Nacional Peneda-Gerês (en Portugal), Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), Reserva da Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés e área importante para a herpetofauna española Xurés-Laboreiro.
 
A Depresión Meridiana e o Monte Galleiro desde o castro. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

O Castro de Negros

Nunha pequena camiñada visitamos o monte sobre o que se sitúa o castro de Negros, na parroquia de Redondela homónima.
Punta Gaivoteira. (Foto: Nós Diario).
star
Andar e Ver

O litoral de Sada que non sae nas postais

O litoral do concello de Sada forma parte da marxe esquerda da ría de Betanzos e alterna cantís de pouca altura con areais. 
A devesa do Cervo na primavera.  (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

A Devesa do Cervo e o Montouto

Un percorrido que, remontando o curso do rego de Montouto, nos leva pola devesa do Cervo até as antigas cabanas de pastores e ao Collado dos Maragatos, na fronteira entre a Galiza e León, entre os cumes dos Tornos e Montouto, e de alí até o punto máis alto da serra dos Cabalos.
camiñadasPato rabilongo (Anas acuta), una das especies máis destacadas da ría do Eo, espazo incluído no inventario de áreas importantes para as aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (Foto: Seo/Birdlife).
star
Andar e Ver

A costa de Ribadeo

Oconcello de Ribadeo está situado entre o mar Cantábrico e a marxe esquerda da ría e o río Eo. A costa esténdese desde a Malata e a punta dos Corvos até O Porto, fronte á Veiga.
BaixaFornos de calcinación de mineral de ferro na Pontenova (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Ruta do ferrocarril mineiro: de San Tirso de Abres á Pontenova

Un percorrido case chan polo que, seguindo o trazado da antiga liña do ferrocarril que transportaba o mineral e o ferro das minas da contorna de Vilaoudriz ao porto de Ribadeo, imos remontando o curso do río Eo entre San Tirso 

e a Pontenova.

Lagoa da Serpe co Fial detrás. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

A Lagoa de Serpe, nas alturas de Trevinca

U nha camiñada para achegarse á lagoa da Serpe, a 1.697 metros de altitude, e gozar de amplas panorámicas da serra do Eixe, o val glaciar do Xares, aos pés de Trevinca, a serra Calva e o val glaciar do Bibei. A ruta discorre totalmente polo LIC/ZEC e ZEPA Pena Trevinca. 
Praia das Torradas (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Da praia dos Riás á punta de Razo

Propomos hoxe unha camiñada entre as puntas da Pedra Negra ou o Cociñadoiro (costa leste de Malpica) e a punta do Chan de Razo (Carballo), no espazo natural protexido como LIC/ZEC Costa da Morte. 
A saramaganta ou salamántiga galega (Chioglossalusitanica) é un endemismo ibérico que só se atopa na Galiza, Asturias e nortede Portugal. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Bosque da Fervenza, entre o Miño e o Neira

Hoxe presentamos unha pequena ruta cómoda e agradábel que discorre pola beira do Miño entre carballeiras e bosques de ribeira, nunha área de grande interese ecolóxico, biolóxico e etnográfico.
Desembocadura do rego de Baíña e praia de Santa Marta.(Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Camiñando polo litoral de Baiona

No litoral de Baiona podemos distinguir tres partes: o interior do esteiro, unha zona de area e lama que queda en seco cando baixa a marea; o seo de Baiona, un tramo de litoral areoso protexido; e a costa do mar aberto, rochosa e batida, desde a punta de Monterreal até cabo Silleiro. 
Praia no río Tea (Mondariz). (Foto: Nós Diario).
star
Andar e Ver

Se non hai mar, hai río

O verán é, por tradición, tempo de praia, tempo de combater a calor gozando co refresco da auga, mais vivir ou gostar do interior non ten que ser impedimento para facelo, porque na Galiza, ademais dos moitos quilómetros de areais de toda caste e lonxitude que podemos atopar ao longo da costa, no interior tamén contamos cunha extensa oferta de auga e lecer ao longo da rede hidrográfica. 
Miradoiro da Vixía Herbeira, (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Costa de Galiza, concello a concello I

oincidindo co solsticio de verán rematamos en Fisterra o noso percorrido polo litoral dos 75 concellos galegos que teñen fronte ao mar. 

Máis de 2.000 km entre percorridos lineais, desvíos e idas e voltas, do Eo a Fisterra e do Miño a Fisterra.

A costa entre Portocelo e a punta Roncadoira.(Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

De Portocelo a punta Pardiñas

O segundo tramo do percorrido polo litoral de Xove comezámolo en Portocelo, a onde imos desde Xove por Sumoas e Vilapol, uns 5,5km, para percorrer desta volta algo máis de 15km que, ao igual que na primeira camiñada, combinan os Camiños Naturais do Cantábrico e varios desvíos para andar o máis preto posíbel da beira do mar e achegarnos a algúns puntos de interese que se atopan fóra do camiño. 
Tramo de rápidos no río Valga, un dos últimos afluentes do Ulla (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Fervenzas de Parafita ou fervenzas de Raxoi

Desde o cume do monte Xesteiras a Valga hai pouco máis de 5 quilómetros en liña recta, pero nesta distancia o relevo cae uns 600 metros e os regos que escoan das súas abas cavan fondos vales que nas zonas rochosas ven interrompido o seu traballo e son obrigados a saltar creando numerosos rápidos e fervenzas, nas que nestas datas aínda traen auga abundante. 
A fonte Santa.(Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Barciademera e o río Alén

Alí onde o río Alén sae da súa fenda fragosa e se espalla nunha larga chaira, asentan as aldeas de Barciademera, parroquia do Covelo que ben merece unha visita, polos varios elementos que reúne a nivel natural, artístico e histórico. 
Praia Ladeira, un longo areal de máis de 1.500 metros de lonxitude. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

A costa de Baiona en coche

O concello de Baiona atópase na banda sur da ría de Vigo. O seu litoral está formado pola enseada e o esteiro do Miñor, onde a costa é protexida, baixa e areosa, e o mar aberto, entre Monterreal e o cabo Silleiro, rochoso e exposto. Pódese percorrer doadamente pola estrada, que discorre apegada á beira do mar, a non ser na contorna da praia Ladeira e arredor de Monterreal.
Prado á beira do río. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Paseo fluvial do río Pontiñas

Podemos achegarnos a Lalín por varias razóns, sobradamente coñecidas son as gastronómicas, pero desta volta facémolo para percorrer un dos seus trazados máis antigos e mellor acondicionados, próximo á vila e bastante concorrido, utilizado pola veciñanza como paseo, como área de lecer, como espazo no que queimar algunhas calorías, para a práctica do deporte e, en máis dun caso, como lugar no que atender e cumprir con prescricións facultativas. 
Andar e Ver

A costa de Xove

O  Concello de Xove está situado na Mariña, no tramo costeiro coñecido como Arco Cantábrico, chamado tamén Rías Altas, coa costa orientada ao norte, á beira do mar Cantábrico.
Malpica (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

A contorna da praia de San Miro

Na costa de Malpica é imposíbel facer un percorrido continuo polo abrupto do relevo, altos cantís separados por vales fondos e estreitos polos que escoan cara ao mar, en forma de minguados regueiros, as augas dos arredores. 
Inicio da marcha de hostaleiras e hostaleiros en Pontevedra. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)
ECONOMÍA

A hostalaría de Pontevedra inicia unha andaina até o Congreso para pedir o “rescate”

Na marcha participa unha representación do sector que agarda chegar a Madrid o 21 de decembro. Solicitan solidariedade para comer e durmir nestas dúas semanas de ruta.