Opinión

Por saber

[Xesús M. Piñeiro]

O Goberno español quere implantar portaxes na rede de autoestradas e autovías para financiar os custos asociados á súa conservación. Unha medida que forma parte do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno para recibir as axudas da UE. Medida, ademáis, que leva tempo demandando a Asociación de Empresas Construtoras e Concesionarias de Infraestruturas (Seopan). 

Segundo o Goberno de Pedro Sánchez, o déficit de investimento na conservación e mantemento das autoestradas e autovías achégase aos 8.000 millóns de euros. “Revisarase o financiamento das vías de alta capacidade e estabelecerase un sistema de ingresos que garanta os fondos necesarios para a conservación da rede viaria estatal”, acrecenta o documento que o Executivo presentará a Bruxelas.

Porén, o verdadeiramente importante en relación a estes fondos europeos van ser as reformas fiscal, laboral e de pensións que se van acometer a cambio da chegada dos millóns de euros. E desas, até o de agora, pouco se sabe.

Comentarios