Opinión

A UE rescata a banca alemá e intervén o Estado Español

Nestes momentos non podo deixar de pensar nas persoas vítimas da trata de brancas que chegan ao primeiro mundo asumindo unha débedas crecentes que as converten en escravos para o resto da súa vida. Vítimas de mafias e usureiros que non teñen ningún tipo de escrúpulos e para os que o beneficio prima sobre as persoas e a dignidade humana.

Nestes momentos non podo deixar de pensar nas persoas vítimas da trata de brancas que chegan ao primeiro mundo asumindo unha débedas crecentes que as converten en escravos para o resto da súa vida. Vítimas de mafias e usureiros que non teñen ningún tipo de escrúpulos e para os que o beneficio prima sobre as persoas e a dignidade humana. Coma con anterioridade os latinoamericanos, ou fai menos os gregos, nos asumimos unha lousa a xeito de débeda crecente que hipotecará as nosas sociedades, renunciando ademais á democracia.

Dende o sábado 9 de xuño vivimos nun estado “no que foi rescatado o seu sistema financeiro”, é dicir que foi intervido pola UE como contrapartida a cidadanía asume unha débeda impropia e renuncia ao control democrático da economía.

Despois dunhas semanas nas que o goberno do Partido Popular apareceu ante a cidadanía como esgotado e noqueado pola quebra técnica do sistema financeiro, a troika comunitaria decidiu a intervención do Estado tomando o control da política económica e financeira. Os patrioteiros españois, que se envolven a menor oportunidade na bandeira da súa patraña, digo España, cederon totalmente a soberanía á UE. Os cidadáns non teremos dereito a decidir en materias fundamentais, serán os eurotecnócratas neoliberais os que tomen as decisións en materia económica e controlen o sector financeiro sen que podamos cambialos co noso voto.

A UE decidiu salvar a estrutura do euro e a banca alemana con cargo á cidadanía do Estado Español que pagaremos a débeda dos bancos. A banca alemá é a primera acredora do sistema financeiro do Estado Español, a débeda que algúns analistas sitúan nos 162.000 millóns de euros, suporía un 50% da capitalización das entidades alemanas. Estas entidades que xa se viron afectadas pola débeda lixo da banca dos USA (subprime) e deberon ser rescatadas, están novamente afectada pola débeda lixo dos bancos españois (cédulas hipotecarias e outras “estampitas”). Xa as sucesivas inxeccións de liquidez á banca por parte do BCE tiñan como obxectivo facilitar as Entidades Financeiras españolas o pago dos vencementos.

Algúns sempre defendemos que o problema do Estado Español non era a débeda pública, si non a débeda privada que levou a un excesivo apalancamento das Entidades Financeiras. O problema do déficit público ven dado por un sistema fiscal non progresivo baseado na recadación vinculada ao ladrillo (todo elo seguindo as directrices da UE) e por que fixeron depender a débeda pública dos mercados. Nos sempre incidimos a necesidade de solventar a crise do sistema financeiro para solucionar os problemas dos sectores produtivos. A reforma laboral era innecesaria o problema das empresas non eran os seus traballadores/as, era a falta de financiamento.

Con este rescate a débeda privada transformarase en pública, sen que ese diñeiro repercuta na economía real e produtiva xa que servirá para garantir a débeda á banca alemá, entanto que a política fiscal seguirá novamente as pautas marcadas pola UE.

Os bancos do Estado recibiran diñeiro ao 3%, en tanto as administracións públicas deben acudir directamente aos mercados e pagar primas de risco sometendo á cidadanía a usura.

Deixando de lado a visión política do rescate, é preciso analizalo dende a política do cotilleo (Igual que a crónica rosa non é xornalismo, o que fan os do PPSOE non é política).

Durante a guerra polo control de Bankia, na que Rajoy apostou por Rodrigo Rato e Esperanza Aguirre por Ignacio González, Zapatero quixo pasarlle o morto a Luis de Guindos. Era sabido nos mentideiros da capital do reino que este era o home da Troika chamando a encabezar un goberno tecnócrata. O exPresidente con aquela xogada quixo quitarse de en medio ao seu posible sucesor non democrático.

Mariano Rajoy, sabedor do papel de Luis de Guindos, decidiuse a nomealo como Ministro de Economía, pensando que así evitaría a destitución do goberno e a imposición dun goberno tecnócrata tan ao gusto da vella Europa. Si o queredes aquí o tedes, debeu de pensar Mariano.

O 9 de xuño Luis de Guindos anunciou o rescate, temos un novo Presidente do Goberno de facto por decisión do Eurogrupo, pero a inestabilidade en Grecia e o malestar en Italia ou Portugal, decidiron á Troika a gardar as formas. No papel sigue Mariano, de aí o alivio e a non disimulada alegría do Partido Popular.

Comentarios