Opinión

Estulticia suicida

En pleno declive do sistema neoliberal as elites anglo-norteamericanas están tratando de desviar a atención sobre a súa propia crise sistémica facendo o que mellor saben facer: confundir e despistar a tirios e troianos con diversas brincadeiras e, se fai falta, desencadeando guerras interpostas a través de terceiros (tontos útiles) manobrando detrás do escenario. Así leva ocorrendo nos últimos douscentos anos e, sen dúbida, á mafia anglosaxoa tenlle ido bastante ben aproveitándose das carencias, miopía e falta de imaxinación dos seus opoñentes (ou incautos aliados), enfrascados en problemas accesorios ou embarcándose en guerras estúpidas que non poden gañar. 

Ocorreulle (incluso) a Napoleón, desgastado en mil batallas inútiles, ata que Wellington o espertou do seu soño en Waterloo. E ocorreu algo parecido na última Guerra Mundial con Europa devastada grazas aos turbios manexos dos garantes de Versalles (permitindo o Reino Unido o ascenso de Hitler e o expansionismo “vital” alemán facendo a vista gorda na militarización de Renania ou na intervención nazi na Guerra Civil Española (1936), igual que no Anchluss e na anexión dos Sudetes (1938) ou na ocupación de Chequia (1939) propiciando o reforzamento militar-industrial do III Reich e a posterior debacle mundial da que saíron enormemente beneficiados grazas ao engano estratéxico de aliados e inimigos. Un exercicio de intelixencia xeopolítica extraordinaria, salvo por un detalle: causou máis de 100 millóns de mortos e mutilados, e danos irreparábeis a todo o planeta.

Na actualidade, ocorre algo parecido co incumprimento dos Acordos de Minsk por Occidente. Ninguén parece decatarse de que as escaramuzas militares na fronteira leste europea están facendo esvarar o Vello Continente cara ao enfrontamento aberto con Rusia, por culpa do conflito creado artificialmente por EUA e o Reino Unido cando executaron o golpe de estado na Ucraína (2013) apoiándose en elementos neonazis e de extrema dereita. Agora, os medios apenas informan de que está en marcha unha nova guerra no leste co obxecto de someter as repúblicas populares de Lugansk e Donetsk que se revelaron contra o poder neonazi de Kiev.Por iso, é preciso que se saiba que a OTAN está concentrando armamento pesado e soldados na zona e que forzas especiais británicas (e francesas) se están trasladando ata esa rexión co obxecto de preparar sabotaxes de falsa bandeira que (poden) derivar nun enfrontamento directo con Rusia.

Tamén se concentran buques de guerra no Mar Negro (con participación española) dedicándose a xogar con lume nunha zona crítica para a paz mundial. Todos debemos ser conscientes de que é a OTAN a que está concentrando forzas a carón das fronteiras de Rusia e non ao revés. Se acosas ou ameazas a alguén ás portas da súa casa non debes agardar que che responda con aloumiños protocolarios, o máis probábel (neste caso) é que acabes no fondo mar ou voando polos aires nas fronteiras orientais de Ucraína. É o que ten ser carne de canón mentres as elites anglo-norteamericanas se divirten cos seus xogos de guerra nas súas suites de Londres ou Nova York. Quo vadis Europa?

Comentarios