173 aniversario

Vía Galega conmemorará os Mártires de Carral

O próximo sábado 27 de abril a plataforma social Vía Galega conmemorará os sucesos do pronunciamento liberal e galego de 1846.

Placa co nome dos Mártires de Carral (Imaxe: Pepe do Couto).
photo_camera Placa co nome dos Mártires de Carral [Imaxe: Pepe do Couto]

Carral acollerá un acto de homenaxe dos sucesos do pronunciamento liberal e galego de 1846. O evento, que se desenvolverá fronte á casa do Concello de Carral o vindeiro sábado 27 de abril ás 18.30 horas, está organizado pola plataforma social Vía Galega en defensa dos dereitos nacionais de Galiza e en colaboración con entidades culturais do municipio. O acto contará con intervencións a cargo dunha persoa representante da A.C. Cultura Aberta de Carral e de Bruno Lopes Teixeiro e María Bará como portavocías de Vía Galega.

2019. cartaz martiresdecarral via galegaDurante a xornada, a asociación cultural e teatral Abril de lume e ferro representará un anaco da peza dramática escrita por Manuel María sobre estas datas.

O acto conmemorativo rematará cunha ofrenda floral no monumento aos Mártires de Carral.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios