Retrospectiva de Margarita Ledo en DocumentaMadrid


O 4 de maio comezou o Festival Internacional de Documentais de Madrid, que este ano inclúe unha retrospectiva sobre a obra de Margarita Ledo, cineasta e catedrática de audiovisual, ademais de fundadora da produtora Nós.

[AELG] Margarita Ledo
photo_camera [AELG] Margarita Ledo

Do 4 ao 14 de maio poderanse ver no festival os tres filmes da autora. O cine de Ledo, segundo afirman desde o propio festival, "está dedicado a recuperar voces e relatos. Voces de exiliados e revolucionarios, voces de mulleres migrantes. Todos eles ligados intimamente a Galiza, pero dispersos nunha diáspora que os deixou marcados". 

Na súa primeira longa, 'Santa Liberdade' (2004), recuperaba a memoria do secuestro do transatlántico Santa María en xaneiro de 1961 por parte de 24 antifascistas galegos e portugueses para denunciar as ditaduras de Franco e Salazar. 

En 'Liste, pronunciado Líster' (2007), Ledo ensaiou un modelo de biografía anticlásica para este líder comunista galego, con cronoloxías quebradas e ramificacións de relatos no que ela mesma denomina “un palimpsesto con todos os Líster posibles”. 

'A cicatriz branca' (2012), o seu proyecto máis recente, é unha ficción construida sobre base documental que explora a figura da muller galega exiliada en Arxentina. Ledo propón aquí unha “conciencia fragmentada do feminino” onde o silencio ten un peso específico. Un cine da memoria, dos contrapoderes, da relación coa terra e a lingua propias para recuperar a complexidade dos relatos silenciados.

Comentarios