As cooperativas danse a valer no mapa económico da Galiza

O retorno social como maior dividendo

O compromiso ético coas persoas, pero tamén co patrimonio, coa cultura, co medio ambiente, aparece de forma ineludíbel cando se indaga nalgúns dos proxectos reunidos desde esta quinta feira, día 7, e até o sábado na Mostra de Economía Social Pop Up que ten lugar no mercado de San Agostiño da Coruña, impulsada por Espazo Coop dentro do proxecto europeo LACES, que se dirixe a fomentar a economía social na eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. 
Mostra de economía social Espazo Coop San Agostiño A Coruña
photo_camera Mostra de economía social que se celebra na Coruña (Espazo Coop)
Comentarios