Puigdemont pode ser finalmente candidato nas eleccións europeas

O xulgado contencioso-administrativo nº2 de Madrid tumba o veto da Xunta Electoral contra os candidatos e candidatas exiliadas de Junts per Catalunya.

puig

Luz verde á candidatura de Carles Puigdemont ás eleccións europeas do 26 de abril. O expresident da Generalitat, así como Clara Ponsatí e Toni Comín (tamén exiliados) pode finalmente liderar a candidatura de Junts per Catalunya neses comicios. Así o vén de ditaminar un xulgado de Madrid, segundo as liñas mestras que este domingo marcou o Tribunal Supremo e a sexta feira a Fiscalía. Unha decisión que tumba o veto da Xunta Electoral Central (XEC).

O xulgado madrileño considera que non hai motivos para botar abaixo a candidatura inicial de Junts per Catalunya, xa que o sufraxio pasivo é un dereito fundamental recoñecido na constitución española e que afecta a todos os cidadáns e cidadás.

Aliás, ordena á XEC que inclúa os nomes destas persoas na candidatura de JxC ás europeas, o que implica a fin da candidatura provisional de Gonzalo Boye, Xavier Trias e Bea Talegón.

Comentarios