Un médico de familia dun centro de saúde do termo municipal de Sanxenxo obtivo resultado positivo por coronavirus , polo que a área sanitaria adoptou os protocolos correspondentes.
Así o confirmaron fontes da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que explicaron que o caso positivo dun médico de familia foi detectado no centro de saúde de Baltar.
As mesmas fontes explicaron que "xa se fixo a enquisa epidemioloxica" e "identificáronse os contactos", ademais de ditarse "os illamentos e as corentenas precisas".
Con respecto ao centro de saúde, por parte da área sanitaria destacouse que "se reforzou de forma inmediata a limpeza e desinfección".