Imprimir

Pontevedra, única cidade galega convidada á Cimeira do Clima

Redacción | 26 de novembro de 2019

A cidade xa fora convidada na cita mundial do clima que acolleu París en 2015.

Pontevedra repite como única cidade galega convidada na cimeira mundial do clima. Foino en 2015 en París e éo agora, de novo, na cita que vai decorrer do 2 ao 13 de decembro en Madrid, que acolle a cimeira que nun principio ía facerse en Santiago de Chile.

Pontevedra foi convidada oficialmente para participar neste evento que reunirá países de todo o mundo para debater sobre a crise climática e adoptar medidas e acción para lle facer fronte.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, participará nunha mesa redonda que, no marco desta cimeira, analizará diferentes modelos urbanos. Delegados e delegadas de perto de 200 países estarán nesta cita de Madrid. Estímase que a asistencia a este evento roldará as 25.000 persoas.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/pontevedra-unica-cidade-galega-convidada-cimeira-do-clima/20191126101200087388.html


© 2020 Nós Diario