Apagouse a voz de Ramón Chao, escritor, xornalista e músico. Foi a música a que o levou a París, en 1955, após gañar ese mesmo ano no Estado español o Premio Nacional de Virtuosismo. Fixou a súa residencia na capital francesa. Alí foi onde comezou no xornalismo, en Radio Franza.
En 1968 fo nomeado xefe do servizo cultural de Radio Franza en español e portugués. Correspondente da publicación progresista Triunfo, dirixiu emisións en lingua galega desde a emisora francesa. A súa brillante carreira xornalística -e como autor de diversos ensaios- viuse coroada en 1991 cando foi nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras polo Goberno francés.
É autor de varios ensaios e libros xornalísticos, entre eles Prisciliano de Compostela, Las Andaduras del Che (escrito con Jacek Wozniak) e La pasión de la bella Otero.