Imprimir

Nove detidos nunha acción da Garda Civil contra "o entorno de Resistencia Galega"

Redacción | 30 de outubro de 2015

Redada contra Resistencia Galega
Efectivos da Garda Civil na Costa Nova de Arriba

Son membros de Causa Galiza e Interior acúsaos de "enaltecemento do terrorismo" polo acto do 'Día da Galiza Combatente' que decorreu en Vigo o pasado día 11 . Operativo ordenado pola Audiencia Nacional. 4 detidos en Vigo, 1 en Muros, 1 en Boiro, 1 en Ourense, 1 en Pontevedra e 1 en Compostela. Oito dos detidos xa están na Audiencia Nacional

 

Axentes da Garda Civil protagonizaron esta sexta feira un operativo contra o que Ministerio do Interior cualifica de “entorno de Resistencia Galega”. Unha operación ordenada pola Audiencia Nacional que se salda polo de agora con nove detidos, membros da organización política independentista Causa Galiza, e acusados de "enaltecemento do terrorismo". Entre as persoas detidas, e segundo confirmaron fontes do movemento independentista e anti-represivo a Sermos Galiza, estarían Antom A.C, Joam P.L, Borxa M, Sabela I,Jose Antom G.M, os irmáns Óscar e Salva G., e Joam F.G, entre outros. 

No marco do operativo realizáronse entradas e rexistros en enderezos das persoas detidas e en locais sociais

Hai 4 detidos en Vigo, 1 en Muros, 1 en Boiro, 1 en Pontevedra, 1 en Ourense e 1 en Compostela.  A estas persoas detidas atribúeselle desde o Ministerio a organización de actos de "enaltecimiento do terrorismo", como o 'Día da Galiza Combatente',acto que decorreu o pasado 11 de octubre en Vigo.O Día da Galiza Combatente leva celebrándose desde o 2002. As persoas detidas foron trasladadas a Madrid, se ben un dos arrestados (Salva G) ficou en Galiza polo seu delicado estado de saúde. Algúns deles comunicaron desde Madrid cos seus familiares, informándolles de que estaban ben. Non están sometidos á coñecida como Lei anti-terrorista.

A web de Causa Galiza está fóra de servizo desde o inicio da operación, non podendo accederse á mesma.

Santiago Villanueva, delegado do goberno español na Galiza, afirmou que este operativo era "un duro golpe a Resistencia Galega". 

Concentracións

Para a tarde desta sexta feira había programadas as tradicionais concentracións de fin de mes convocadas por Ceivar en solidariedade para cos presos e presas independentistas. Fontes do organismo anti-represivo sinalaron a este medio que as mesmas servirán tamén para denunciar este operativo da Garda Civil. Porén, non se descartan outro tipo de actos e mobilizacións. 

Organizacións como Sortu e a CUP amosaron a súa solidariedade para coas persoas detidas. En Galiza: BNG, Anova, MGS, Galiza Nova, FPG, Agora Galiza, Briga, Agir, Isca, Xeira ou Primeira Linha

Aliás, e nomeadamente a través das redes sociais, diferentes colectivos e organizacións amosan a súa solidariedade para coas persoas detidas e o seu rexeitamento ao operativo impulsado polo MInisterio de Interior. BNG, Anova, Agora Galiza, Frente Popular Galega (FPG), Movemento Galego ao Socialismo (MGS), Primeira Linha ou o sindicato CUT son algunhas delas. Tamén desde Galiza Nova, Isca, Briga, Sortu e Ernai (Euskal Herria), Alerta Solidària, Emdavant OSAN, CUP (Catalunya), Yesca (Castela) ou Xeira e AGIR se expresou solidariedade.  

Criminalización

Cómpre lembrar que Causa Galiza, xunto con Ceivar ou a actualmente disolta AMI, estiveron no albo hai dous anos de acusacións tanto de cargos de institucións do Estado como de medios de comunicación españois de facer parte do "entorno" radical independentista, nunha estratexia que no seu día a propia Causa Galiza entendeu que procuraba preparar o terreo para posíbeis golpes e operativos do Estado contra esta organización.

En ampliación

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/garda-civil-desenvolve-operativo-entorno-resistencia-galega/20151030101700041970.html


© 2021 Nós Diario