A convocatoria rula pola rede co hashtag #alertafeminista e anuncia ás claras a tensión coa que o movemento feminista está a vivir a posíbel aprobación da lei coa que o ministro Gallardón asestará un duro golpe a unha das loitas históricas dos dereitos as mulleres.
Se a lei finalmente se aproba esta sexta feira no Consello de Ministros --como avanzou o ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, distintas concentracións e manifestacións convocadas pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto protestarán nas rúas polo que desde o feminismo se entende como un atentado contra a liberdade das mulleres.
Na Galiza, se a lei se aproba na xuntanza deste Consello de Ministros as concentracións serán ás 19:00h.
VIGO. Diante do Marco
A CORUÑA. No Obelisco
OURENSE. Na Casa do Concello
COMPOSTELA. Diante da Sede do PP da rúa Alfredo Brañas
FERROL. Na Casa do Concello
LUGO. Na Subdelegación do Goberno
RIBADEO: Diante da Casa do Concello.
PONTEVEDRA. Na Praza da Peregrina.
CANGAS: Casa do conello.