Imprimir

Falece aos 34 anos o xornalista Pablo López Orosa

Redacción | 16 de novembro de 2019

O xornalista Pablo López Orosa.
O xornalista Pablo López Orosa.
O xornalista coruñés Pablo López Orosa cubriu como profesional independente varios conflitos internacionais. Recibiu o premio de xornalismo solidario Joan Gomis e é o autor da novela 'Fálame do silencio' (Xerais).

Pablo López Orosa, natural de Oza Cesuras, faleceu aos 34 anos no Hospital Clínico Universitario da Coruña (CHUAC), segundo confirmaron fontes do seu contorno; onde permanecía ingresado após unha viaxe a Mozambique da que se resentiu aos poucos días de regresar.

López Orosa dedicou boa parte da súa carreira xornalística á cobertura de conflitos internacionais como profesional independente. En 2013 iniciou un percorrido que o levou a Oriente Medio, ao este de África, ao sueste asiático e a Centroamérica.

Contou para diferentes medios de comunicación a posguerra iraquí e o conflito kurdo, o xenocidio da minoría rohingya en Birmania e a desaparición de linguas milenarias.

Pablo López Orosa foi galardoado co premio de xornalismo solidario Memorial Joan Gomis pola reportaxe La tregua de los zapatos. É o autor da novela 'Fálame do silencio' (Xerais) e o fundador da revista Achtung!.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/falece-aos-34-anos-xornalista-pablo-lopez-orosa/20191116133600086961.html


© 2020 Nós Diario