A Deputación da Coruña convoca doce premios culturais para animar a creación

Recoñecerá traxectorias e obras en distintos ámbitos culturais, do literario ao plástico pasando polo ensaístico ou os proxectos feministas.

Entrega Premios 2018
photo_camera Entrega dos premios en 2018.

Doce convocatorias por un importe total de 151.500 euros suman a nova edición de premios culturais da Deputación da Coruña que recoñecerá traxectorias e obras en distintos ámbitos culturais, do literario ao plástico pasando polo ensaístico ou os proxectos feministas. Ábrese agora o prazo para presentar obras e propostas ás doce convocatorias cunhas bases que saen publicadas no BOP deste 15 de marzo.

Manuel Murguía de Ensaio, Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais, Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, Luís Ksado de Creación Fotográfica, Rafael Dieste de Textos Teatrais, Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas, Castelao de Banda Deseñada, Andrés Gaos de Composición MusicalJesús Núñez de Arte Gráfica ademais do Quero Cantar de Música Infantil e Xuvenil e o Premio Begoña Caamaño de Acción Cultural pola Igualdade de Xénero son os galardóns.

"Os premios culturais promovidos desde a área de Cultura da Deputación da Coruña teñen como obxectivo promover e premiar creación cunhas convocatorias que buscan tamén converterse en eventos culturais, arredor dos que xiran actividades de promoción e difusión dos distintos ámbitos", sinala ao respecto Goretti Sanmartín, responsábel da Área de Cultura e vicepresidenta da Deputación da Coruña.

Comentarios