Deportivo e Liceo de festa en María Pita

As equipas do Deportivo de fútbol e Liceo de hoquei celebraron diante do concello da Coruña os magníficos resultados desta fin de semana.
Celebración Copa Europa Liceo 2012
photo_camera Celebración Copa Europa Liceo 2012

A festa continuou esta segunda feira na Coruña. Despois das celebracións do domingo o Deportivo tiña preparada unha aínda máis grande na praza de María Pita. Non faltou a música e todo o preciso para vivir unha noite inesquecíbel. O momento máis emotivo foi ao chegar o autocarro cos xogadores, case ás nove e media da noite.
No balcón falaron o alcalde da cidade (que tivo que escoitar asubíos desde a praza), o presidente do clube, Oltra, Manuel Pablo, Valerón, Dani Aranzubia, Riki, Xisco, Colotto,... Manuel Pablo, emotivo, lembrou as copas do pasado e o incansábel apoio d@s seareir@s. A maior parte deles preferiron cantar a falar. Era a festa do deportivismo.

O momento máis emotivo foi ao chegar o autocarro cos xogadores, case ás nove e media da noite.

O Liceo tamén
Outros que participaron na festa foron os xogadores da equipa de Hoquei Club Coinasa Liceo que obtivo, esta fin de semana, a sexta Liga Europea en Lodi. O balcón do Concello coruñés serviu de palco para ofrecer o bicampeonato @s seareir@s verdibrancos que se achegaron a María Pita. Un equipo liceísta, que, ao berro de "Europa é verdibranca" chegaba á casa consitorial para compatir coa cidade herculina o cetro europeo. E é que o Deportivo invitou ao Hóckey Club Coinasa Liceo a compartir a súa alegría -o ascenso a Primeira División- cos coruñeses que se deron cita na praza da casa do concello.

(Imaxes da web oficial do Coinasa Liceo e de Antón Gómez-Reino).

Comentarios