Imprimir

CIG chama a "participar activamente" nos actos do Día da Patria

A.V. | 24 de xullo de 2015

mural galiza nación
mural galiza nación

Seguen a chegar adhesións á marcha unitaria polo 25X, que suma apoios de partidos, sindicatos, colectivos e movementos sociais.

A CIG fai un chamamento activo á súa militancia a "participar activamente" na mobilización unitaria do Día da Patria Galega. "É un bo momento para que a clase obreira do noso país poida deixar claro o seu máis enérxico rexeitamento ás políticas económicas e sociais da dereita española e da súa sucursal na Xunta de Galiza, o PP", sinala a central nun comunicado. O sindicato considera que o actual marco xurídico é insuficiente "tanto para garantir os dereitos nacionais de Galiza como para defender os nosos dereitos como clase traballadora", polo que é necesario mobilizarse.

De por parte, a CUT manifesta nun comunicado co gallo do Día da patria que "a liberación social é inherente á liberación nacional. Non vai haber dereito a decidir se non derrubamos a orde sistémica reconfigurada tralo Franquismo dende o réxime de 1978".

Tamén manifestou nas últimas horas a súa adhesión a esta marcha o PCPG, a asociación de emigrantes retornados 'Maruxía' e a Asemblea Republicana de Vigo

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/galiza/cig-chama-participar-activamente-nos-actos-do-dia-da-patria/20150724165150039421.html


© 2020 Nós Diario