Imprimir

Os casos activos de coronavirus aumentan a 310

Redacción-Europa Press | 28 de xuño de 2020

Test rápido coronavirus (Europa Press).
Test rápido coronavirus (Europa Press).
A Consellaría de Sanidade informa de que os brotes detectados no Barbanza e na Mariña permanecen sen cambios, mentres na onda de probas nas residencias máis de 3.000 persoas deron negativo.

As máis de 3.000 probas realizadas durante o segundo cribado en residencias de maiores iniciado a pasada segunda feira, 22 de xuño, deron resultado negativo na COVID-19, segundo informou a Consellaría de Sanidade este domingo.

Nos centros leváronse a cabo 3.110 probas, 2.107 a residentes e as 1.003 restantes ao persoal. O departamento informou que o remate dos tests está previsto “en dúas ou tres semanas”. Polo momento, permanecen activos tres residentes e un profesional no xeriatrico Santa Teresa de Jornet na Coruña, o único con casos positivos na Galiza.

Na Galiza, o número de casos activos de coronavirus aumentou a 310, dous máis que na última xornada da que se teñen datos, mentres que as persoas curadas tamén aumentaron, nun total de cinco, situándose nas 10.611.

Nas unidades de hospitalización permanecen catro persoas ingresadas, ningunha delas en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), mentres que as restantes se atopan en seguimento domiciliario.

En canto as áreas sanitarias, corresponden á de Vigo 132 casos activos, un máis que o sábado; 72 á de Coruña e Cee, con tres casos activos menos; 25 a de Compostela e o Barbanza, cun menos; 22 á de Ourense, Verín e Valdeorras; 39 a de Lugo, Monforte e a Mariña, con cinco máis; once á de Ferrol e nove á de Pontevedra, cun caso máis.

Segundo informa a Consellaría de Sanidade, non se detectaron cambios nos dous brotes localizados nas comarcas do Barbanza e da Mariña. O primeiro mantense con nove positivos e o segundo con 22, logo dos casos detectados onte con máis de 200 probas PCR realizadas na área.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/casos-activos-coronavirus-aumentan-310/20200628123622100369.html


© 2020 Nós Diario