Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo, autores de Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, presentan o libro na sede da Asociación Veciñal Francisco Rodríguez Otero o 13 de decembro ás 20.00 horas, situada na coruñesa Rolda de Outeiro, concretamente no número 396.
Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio saíu do prelo da man da Fundación Galiza Sempre a finais de 2017, e é o froito de tres décadas de investigación ao redor do espolio do Pazo de Meirás por parte de Carlos Babío, neto dunha propietaria desaloxada polos Franco na expansión de Meirás.
A relevancia do seu traballo foi tal que un dos hispanistas máis prestixiosos, Paul Preston, considerado unha das voces internacionais máis reputadas na denuncia do franquismo e da pervivencia do réxime na actualidade. O historiador cualificou nas súas redes sociais a ‘eirás: un pazo, un caudillo, un espolio de “libro sensacional”, e recomendou a súa lectura “para alguén que dubide da corrupción de Franco, o seu réxime e a súa familia é de lectura obrigatoria”.