Bóveda, sempre

Poio e Pontevedra centran os principais actos institucionais e políticos polo Día da Galiza Mártir.

 

amalia e valenin G. Boveda
photo_camera Amalia Bóveda e Valentín G. Bóveda, filla e neto de Alexandre Bóveda, perante o monolito da Caeira. Imaxe: En Marea

Poio e Pontevedra volveron ser esta sexta feira, e máis un ano, os epicentros das celebracións e conmemoracións do 17 de Agosto, Día da Galiza Marti. A cidade que Alexandre Bóveda sentiu tan propia como a de nacemento (Ourense) e a vila onde foi asasinado polos fascistas hai  82 anos. Entre ambas as dúas decorreron os actos de memoria, lembranza e homanaxe para o 'irmán'  que, como sentenciara Castelao, "fixo máis por Galizas que todos nós".

bóveda frontal

O monolito da Caeira (Poio) foi o primeiro escenario da xornada, coa ofrenda floral en lembranza do ‘motor’ organizativo do nacionalismo galego na II República e dun dos cerebros máis importantes do galeguismo.  Ao pé do monolito estiveron Amalia Bóveda, filla de Alexandre Bóveda; Valentín G. Bóveda, vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda; Carlos Mella, da Fundación Castelao, Xosé Leal (delegado Cultura da Deputación de Pontevedra) os alcaldes de Poio (Luciano Sobral) e Pontevedra (Fernández Lores), para alén de Ana Pontón e Luis Villares, portavoces do BNG e En Marea; e Néstor Rego, que representou as 19 persoas imputadas por denunciar o franquismo cunha toma simbólica do Pazo de Meirás. Tamén houbo unha representación do PP local.

Bóveda e o seu compromiso para co seu país foi posto como exemplo de servizoao seu propio pobo, nun acto onde tamén se pediu a fin da "impunidade" do franquismo, e que devolvan ao pobo galego o Pazo de Meirás ou a casa de Cornide. 

amalia e beiras

Recoñecemento

A Fundación Alexandre Bóveda premiou este ano Xosé María López de Guereñu, promotor e cofundador da fundación, que foi militante do Partido Galeguista. Tamén foi vicepresidente da entidade entre os anos 1990 e 2003, un posto que actualmente ocupa Amalia Bóveda, a única filla viva de Alexandre Bóveda. A fundación recoñece o "esforzo e labor do grupo fundacional da entidade" que mantén viva a memoria do intelectual galeguista asasinado. Un recoñecemento que estende aos seus dous primeiros presidentes, Manuel Beiras García e Fernando Quintela.

A xornada tivo tamén un recoñecemento a Xosé Manuel Beiras, quen participou na creación da Fundación Alexandre Bóveda. Recibiu, canda Dolores Gallego, viúva de Fernando Quintela, unha edición facsímile do cartel que o deseñador Vidarte elaborara en favor da campaña pro Estatuto de 1936.

boveda caeira

Após o xantar no Parque da Memoria e o acto cívico no cemiterio de San Amaro, pola tarde foi a quenda do acto político tradicional desta xornada,  organizado polo BNG. Na pontevedresa Praza Curros Enríquez interviron  Marta Gómez (responsábel comarcal de Galiza Nova), X.M Fernández Abraldes (Alcalde de Barro) e Ana Pontón (portavoz nacional do BNG). De por parte, En Marea realizou un acto pola mañá, tamén en Pontevedra.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios