Duascentas árbores autóctonas, “todas fillas de castiñeiros e carballos centenarios”, van ser plantadas este sábado en Mondariz Balneario, o que vai ser a primeira actuación das Brigadas deseucaliptizadoras deste concello do Condado. “As arboriñas foron colleitadas hai un ano por veciñas e veciños do Balneario en colaboración coa Asociación de Nais, Pais e Alumnos do Colexio público de Mondariz Balneario CEIP Nosa Señora de Lourdes”.
A intervención manual nesta roga terá como obxectivo, explican, eliminar xestas e fento da parcela que rebrotaron dende as grandes vagas de incendios e plantar castiñeiros e carballos.