venres 29.05.2020

‘Venres de negro’ na sede central de Pull&Bear, en Narón, polo dereito a conciliar

A CIG anima o persoal a vestir desta cor en demanda dunha modificación da xornada laboral.

Sede central de Pull & Bear. Narón (CIG)
Sede central de Pull & Bear. Narón (CIG)

Unha xornada laboral que permita conciliar. Esta é a demanda que hai na iniciativa promovida pola CIG na sede central de Pull&Bear, Narón, e pola que anima as perto de 200 traballadoras e traballadores desta firma que fai parte do grupo Inditex a vestir de negro nas sextas feriras.

“O obxectivo desta acción é visibilizar unha demanda "que ten como primeira reivindicación saír nas sextas feiras ás 15:00 horas, ao igual que sucede nos meses de verán", explica o sindicato nacionalista. "Trátase dunha campaña da sección sindical que pretende modificar a xornada laboral, para que esta permita conciliar ao persoal", sinala Fran Cartelle, secretario confederal de Emprego da CIG.

Neste senso, apunta que está constatado que a produtividade da empresa (que forma parte do Grupo Inditex) non é escusa para non modificar a xornada, "pois  durante os catro meses de verán nos que xa se conta con ese horario, esta non se veu prexudicada de ningún xeito".

‘Venres de negro’ na sede central de Pull&Bear, en Narón, polo dereito a conciliar
comentarios