Os traballadores impiden a entrada do persoal de ETT en Pescanova

A empresa contratáraos para cubrir as ‘horas extra’ que o cadro de persoal se nega a facer como medida de presión fronte ao bloqueo das negociacións.

Piquetes de Pescanova
photo_camera Piquetes de Pescanova

Os traballadores impediron este sábado a entrada de persoal de ETT en Nueva Pescanova para evitar que se fagan horas extras. Os operarios organizaron un piquete en cumprimento do acordado en asemblea. O cadro de persoal acordara deixar de facer horas extras como medida de presión ante o bloqueo das negociación do convenio colectivo. Ante isto, a dirección optou por botar man de máis persoal de ETT para que a actividade da empresa non se vise afectada

Un nutrido grupo de traballadores permaneceu ás portas da empresa entre as 5.30 e as 8.00 horas, logrando que ninguén entrase a traballar.

Esta terza feira, 14 de marzo, terá lugar a primeira das dúas xornadas de greve convocadas pola maioría sindical (CIG, CUT, USO e UGT) para reclamar uns convenios colectivos dignos.

Comentarios