domingo 27/09/20

Piden a Inditex un acordo laboral antes de fechar tendas

O compromiso alcanzado co comité de empresa europeo de abordar o impacto laboral do seu plan estratéxico 2020-2022 non se fixo a nivel estatal.
Tenda de Zara (Nós Diario)
Tenda de Zara (Nós Diario)

CCOO reclamou a Inditex a paralización dos fechamentos de tendas anunciado até que concrete o compromiso alcanzado co comité de empresa europeo de abordar o impacto laboral do seu plan estratéxico 2020-2022. O grupo fundado por Amancio Ortega anunciou a súa decisión de clausurar entre 1.000 e 1.200 tendas en 2020 e 2021, das que entre 250 e 300 están situadas no Estado español.

Na reunión do comité de empresa europeo, celebrada o pasado 17 de xuño, a dirección de Inditex comprometeuse, segundo este sindicato, a que a reestruturación se efectuaría priorizando a estabilidade no emprego do persoal, ofrecendo postos de traballo para cubrir as necesidades actuais, algo que está pendente de acordo laboral a nivel estatal.

comentarios