luns 01/03/21

A patronal pide ao Goberno do Estado español a "flexibilización" dos ERTE

Tamén alude á necesidade de plans de grande escala industrial para A Mariña, o naval ferrolán ou a frota pesqueira, entre outros sectores.
Reunión telemática entre representantes das dúas institucións. (Foto: Delegación do Goberno español)
Reunión telemática entre representantes das dúas institucións. (Foto: Delegación do Goberno español)

Galiza (CEG) non están a afectar ás ganas de traballo do novo presidente, Juan Manuel Vieites, que xa mantivo un encontro coa Xunta e esta quinta feira falou por vía telemática co delegado do Goberno español no país, Javier Losada, para reclamarlle que haxa unha maior “flexibilidade” nos Expedientes de Regulación de Emprego (ERTE). O asunto está de especial actualidade polos efectos da pandemia.

O recentemente nomeado líder da patronal galega trasladou a Losada conclusións sobre os efectos da Covid-19 no tecido empresarial galego así como ideas para mellorar a situación.

Así forneceu un documento no que, entre as iniciativas para a recuperación económica, a CEG propón que os ERTE sexan menos compartimentos estanco de forma que se poida recorrer a eles por unha baixada de ingresos do 50%.

Tamén reclaman que sexan unha posibilidade de forma total ou parcial até que “a demanda se recupere” ou que, se hai capacidades reducidas nos locais polo virus, sexa posíbel acollerse a estes expedientes “con exención de cotizacións”.

Para o representante do Executivo do Estado español hai unha vontade “irrenunciábel” para recuperar os empregos que foron desaparecendo en case un ano de pandemia, mais tamén asegurou que hai respaldo ás empresas e autónomas galegas.

Ir máis alá

Porén, o escrito da patronal tamén fala en termos industriais máis amplos, aludindo á necesidade de ter máis carga de traballo para os estaleiros de Navantia, unha reconversión na comarca da Mariña dada a ameaza de Alcoa e procurar solucións para os datos que o Brexit ten na frota pesqueira, entre outras cuestións. 

Con independencia desta conversa, os movementos de Vieites nos últimos días parecen afianzar a súa figura á fronte do empresariado galego, que levaba anos sen chegar a un punto intermedio para negociar cunha soa voz.

comentarios