Juan Vieites, novo presidente da patronal galega

Co apoio do 89% dos votos.

Juan Vieites, presidente da CEG (Foto: Arxina)
photo_camera Juan Vieites, presidente da CEG (Foto: Arxina)

O vigués Juan Vieites foi elixido como novo presidente da confederación de empresarios de Galiza (CEG) co apoio do 88,9% dos votos emitidos. A súa era a única candidatura que se sometía a un proceso que empezou esta segunda feira co voto delegado e a terza co telemático.

Hoxe tivo lugar a asemblea electoral co voto presencial. En total, de 178 vogais de acordo cos últimos datos do censo facilitados pola confederación, emitiron o seu sufraxio 162 persoas, deles 144 a favor, seis en contra e 12 en branco.

Vieites afronta o reto de lograr a unidade empresarial e, sobre todo, mellorar a imaxe da patronal galega, lastrada por máis de cinco anos de pelexas internas que se traduciron en até catro dimisións (José Manuel Fernández Alvariño en 2015, Antonio Dieter Moure en 2016, Antón Arias en 2018 e José Manuel Barreiros a finais de 2020).

Comentarios