O paro rexistrado sobe en Galiza por cuarto mes consecutivo mentres baixa no Estado

Decembro comeza con 625 novas persoas desempregadas no noso país a respecto do mes anterior.

Reforma laboral, máis desemprego

O paro rexistrado de novembro sitúase en Galiza en 170.369 persoas, un aumento en 625 desempregadas a respecto do mes anterior. Un incremento que contrasta cos rexistros de novembro no Estado español, onde o paro descendeu en 1.836 persoas.

A tendencia internanual, é dicir a rexistrada neste caso entre novembro de 2017 e novembro de 2018, indica que o desemprego descendeu en Galiza en 16.808 persoas, unha baixada de 11,9%. Porcentaxe inferior á rexistrada no Estado español nese m4smo período, que foi de 14,13%, dous puntos máis.

E onde aumentou o paro no noso país en novembro? Principalmente en tres sectores: servizos (352 persoas desempregadas máis), agricultura e pesca (aumentou en 313) e construción (262).

Afiliacións

A respecto das afiliacións á Seguridade Social, o mes de novembro deixa unha caída de 3.327 afiliacións (-0,33%), mentres que no conxunto do Estado esa queda foi menor, de -0,25%.

Comentarios