Once despide as súas 7 mediadoras de xordocegueira na Galiza

A Foaps  (Fundación ONCE para a atención de persoas con xordocegueira) notificoulles a medida a segunda feira e fíxoa efectiva a cuarta.
lingua de signos apoiada
photo_camera Lingua de signos apoiada.

Foaps (Fundación ONCE para a atención de persoas con xordocegueira) deixa na rúa as por volta de 90 mediadoras comunicativas que tiña no Estado español, 7 delas na Galiza, que desde esta cuarta feira, 15 de abril, están despedidas.

A decisión notificóuselle a estas traballadoras na Galiza esta segunda feira mediante mail e fíxose efectiva esta cuarta. Son sete afectadas, seis eran fixas-discontínuas e 1 con contrato por servizo.

Desde a CGT Andalucía subliñan que a decisión vai supoñer que persoas usuarias, quer menores quer persoas adultas, fiquen “máis illadas” ao se ver privadas das mediadoras comunicativas.

 As condicións laborais vinculadas a este traballo están marcadas moitas veces pola precariedade, con peores condicións que as intérpretes de signos, salarios baixos, baixas cotizacions e con contratos que se interrompen no verán para non ter que pagarlles eses meses.

Comentarios