“Non somos fichas, somos traballadores”

Mil quilómetros para defender o posto de traballo: persoal de Poligal leva a protesta até Barcelona

Na cidade condal está a sede do grupo Peralada, propietaria da factoría naronesa, ameazada de feche.

poligal barcelona

De Narón a Barcelona en autobús, máis de mil quilómetros para defender os postos de traballo e a produción da factoría Poligal. Na cidade condal está a sede do Grupo Peralada, propietaria de Poligal.

Os traballadores e traballadoras fixeron tres cocnentracións en Barcelona: diante da sede de Peralada, na céntrica Praza de Catalunya e no Casino de Barcelona, que tamén  pertence á familia Suqué.

Con esta xornada de mobilizacións, os traballadores e traballadoras queren demostrarlle á propiedade da empresa que están en disposición de dar a batalla polos seus empregos e polo mantemento da produción na fábrica matriz de Poligal. "A planta de Narón é viábel e ten futuro", reiteraron. Consideran fraudulento o concurso de acredores e denuncian que decisión empresarial responde a unha deslocalización da produción a outras plantas do grupo para abaratar custes.

A empresa convocou a parte social, dentro do procedemento de consulta previo á formulación de EREs que recolle o convenio de industria química, para trasladarlle a información sobre o expediente. Agora a representación do persoal ten sete días para presentar o seu informe propio.

Comentarios