Na Galiza producíronse máis de sesenta accidentes laborais ao día no que vai de ano

Nos primeiros cinco meses de 2014 rexistráronse 9.446, o que supón un aumento respecto ao ano anterior, que se fai notar con especial gravidade no sector da construción.

Galiza rexistrou un total de 9.466 accidentes laborais nos cinco primeiros meses de 2014, fronte aos 9.223 do mesmo período do ano anterior. Estas cifras supoñen un incremento do 2,63 por cento no que vai de ano, tamén porque, agás en Pontevedra, todas as provincias do país rexistraron un aumento nos accidentes laborais, segundo informou a Xunta nun comunicado.

En concreto, na Coruña aumentaron un 4,89 por cento; en Lugo, un 1,36; e en Ourense, un 5,57. Só en Pontevedra descenderon nun 0,95 por cento. Así as cousas, o total de accidentes laborais en xornada laboral rexistrados en Galiza en maio aumentaron un 14,55 por cento. Deste xeito, neste mes contabilizáronse 1.992 accidentes, fronte aos 1.739 rexistrados no mesmo período do anos anterior. Os números indican que se producen algo máis de sesenta accidentes de traballo ao día en Galiza, o que pode interpretarse como un auténtico problema de seguridade.

Sectores

Do total de accidentes, 1.949 foron leves, 34 graves e 9 mortais. Así mesmo, aumentaron en todos os sectores: com preocupate intensidade na construción, cun 31,47 por cento; namentres na industria o aumento foi dun 22,77; na agricultura, un 13,95; nos servizos, un 6,88; e na pesca, un 5,38. Con todo, neste último sector resultados especialmente graves, con varias persoas falecidas tanto en Galiza como en barcos galegos noutras augas.

Comentarios