Tres mortos en accidentes laborais en apenas 12 horas

Dous mariñeiros e un operario do naval, dous sectores que tiveron en Galiza en 2014 un preocupante repunte en sinistros laborais con resultado mortal.  

o sector do mar rexistrou en 2014 20 sinistros mortais
photo_camera o sector do mar tivo 20 sinistros mortais en 2014

O día comezou con dous mariñeiros mortos en Laxe e acabou cun operario do naval falecido en Ferrol. Tres persoas que perderon a vida en sinistros laborais nuns oficios -mar e industria- que no último ano, 2014, tiveron un preocupante aumento en accidentes con resultado mortal.

E.G.T, de 54 anos, e o seu fillastro J.E, de 34, saíron cedo pola mañá de Laxe nunha embarcación de baixura de apenas seis metros de eslora a faenar ao polbo. Sobre as 11:30, o corpo dun deles aparecía na praia de Soesto e o do seu compañeiro era rescatado -sen vida- do mar. En 2014 morreron 20 mariñeiros e houbo 58 accidentes graves neste sector. En sinistros mortais o mar galego tivo un índice de incidencia do 103,79, cando a media no conxunto de todos os sectores laborais en Galiza non chega a 8. En 2013 perderan a vida 7 mariñeiros.

A.A.P, de 58 anos, e operario dunha auxiliar do naval faleceu cando traballaba no ‘Monforte de Lemos’. Unha prancha dde 1 tonelada de peso despredeuse da grúa e caeulle enriba, cun resultado letal. Esta cuarta feira, os operarios protagonizaron unha xornada de loito saindo das factorías e deixando os estaleiros baleiros. En 2014 houbo 10 traballadores do sector de industria que faleceron en sinistros laborais. E rexistráronse neses 12 meses 82 accidentes graves. No ano anterior -2013- o número de mortos en accidentes laborais na industria fora de 6 operarios.

Comentarios