A greve provincial do metal paraliza os polígonos industriais coruñeses

Máis de 18.000 traballadores convocados. Os sindicatos falan dun seguemento “masivo”.

Greve metal imaxe da CIG

Máis de 18.000 traballadores do sector da metal da Coruña estaban convocados a esta segunda xornada de greve provincial que decorre nesta terza feira, 27 de xuño, e que está a ter un seguemento masivo, segundo os sindicatos convocantes (CIG, CCOO e UXT). A greve paralizou desde as primeiras horas a actividade nos polígonos industriais da provincia. Nos polígonos industriais de Ferrol, Fene, As Pontes, Santiago de Compostela e A Coruña, o seguimento da greve é case total, e no conxunto da provincia é moi alta.

Con este paro, que terá continuidade o 4 e 5 de xullo, procúrase un desbloqueo da negociación colectiva, paralizada desde hai moitos meses pola patronal. Os sindicatos lembraban hai uns días que van dous anos desde o inicio da negociación do convenio e que a patronal mantén unha actitude de bloqueo. “Non acepta practicamente ningunha das reivindicacións presentadas pola parte social, pretendendo liquidar a negociación sen ningunha mellora substancial para os traballadores do sector", como apontan desde CIG-Industria.

Comentarios