Greve indefinida no servizo de estilismo da CRTVG, que levan 4 meses sen cobrar

En tres días recolléronse 600 sinaturas de traballadores da compañía de radiotelevisión pública galega solidarizándose co persoal de estilismo e reclamando o rescate do servizo.

estilismo tvg

As traballadoras do Servizo de Estilismo da CRTVG, contratado á empresa New Model’s SL – en concurso voluntario de acredores desde novembro- , leva traballando sen cobrar os seus salarios desde o pasado mes de decembro. A situación da empresa fai que, ademais, non teñan seguridade sobre o futuro dos seus empregos.

Por iso acordaron a convocatoria de greve indefinida e o inicio de mobilizacións. A primeira está prevista xa para esta quinta feira, día 22, ás 12:00 horas, diante das instalacións da CRTVG en San Marcos, Compostela.

Segundo informa a CIG, o Comité de Empresa acordou solicitar unha xuntanza urxente á Dirección de Recursos Humanos coa fin de iniciar a negociación colectiva para .o rescate para a xestión directa deste servizo O comité denuncia ademais, indica o sindicato nacionalista, as presións das que foron obxecto por parte da empresa as compañeiras e compañeiros que publicamente manifestaron o seu apoio ao persoal de estilismo.

En tan só tres días recolléronse perto de 600 sinaturas das traballadoras e traballadores da CRTVG, a maioría do cadro de persoal, solidarizándose coas compañeiras de estilismo e reclamando tamén o rescate do servizo.

Comentarios