Desconvocan a folga do metal ourensán despois de chegar a un acordo sindicatos e patronal

"Entendemos que é un acordo que despois de 13 días non é para estar eufóricos, pero cedemos nós e cedeu a patronal", detallou o secretario comarcal de CIG-Industria, Indalecio Gómez.
Asemblea de traballadores e traballadoras do metal ourensán na que se acorda desconvocar a folga. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Asemblea de traballadores e traballadoras do metal ourensán na que se acorda desconvocar a folga. (Foto: Nós Diario)

A asemblea de traballadores e traballadoras do sector do metal ourensán aceptou a última proposta de suba salarial lanzada desde a patronal, polo que a folga indefinida que levaba vixente 13 días quedou finalmente desconvocada.

O Hotel Francisco II de Ourense foi o centro de reunión entre as catro asociacións empresariais que conforman a patronal do sector -Asociación Provincial de talleres de reparación de vehículos de Ourense, a Asociación de Concesionarios de Automóbiles, Instalectro e a industria do siderometal- e as tres centrais sindicais convocantes -CIG, UXT e CCOO-.

Alí reuníronse nunha xornada que comezou a segunda feira ás 10 horas e rematou pasada a 1 hora da terza, após alcanzar un preacordo que nas últimas horas foi ratificado na asemblea dos traballadores e traballadoras.

En concreto, aceptaron unha suba salarial de 15% entre 2022 e 2024, con 5% este ano, retroactivo desde xaneiro; a suba de 5,5% para 2023; e outro aumento de 4,5% para 2024.

Ademais, se ao remate da vixencia do convenio o IPC supera 15%, actualizarán as táboas para 2025 cun tope de 18%. En canto aos días de libranza, os sindicatos solicitaban un día máis sen consolidar para 2022 e un día a maiores para cada un dos anos seguintes, estes consolidados, pero finalmente aceptaron un día de redución de xornada, así como un día libre en 2023 e outro para 2024.

"Entendemos que é un acordo que despois de 13 días non é para estar eufóricos, pero cedemos nós e cedeu a patronal", detallou o secretario comarcal de CIG-Industria, Indalecio Gómez.

13 días de folga

O pasado 26 de setembro, CIG, UXT e CCOO anunciaron os primeiros paróns, esixindo "un convenio digno para o metal". Entre as peticións, estaba un incremento do 6,5% salarial para os anos 2022 e 2023, e do 5% para 2024, cunha cláusula de revisión, e que os atrasos se recibisen desde o 1 de xaneiro.

 

Despois de non chegar a un acordo, as centrais sindicais convocaron unha folga indefinida desde o 5 de outubro. Nas primeiras reunións despois de entrar en vixencia a folga, os sindicatos que as reunións que se estaban a manter coa patronal decorrían de maneira “pouco frutífera”.

Comentarios