Continúa a greve na xustiza ao dar a Xunta por rotas as negociacións

Sexta semana de paro.

[Imaxe: CIG] Protesto do persoal de xustiza en Vigo
photo_camera [Imaxe: CIG] Protesto do persoal de xustiza en Vigo

Continúa a greve na administración de xustiza de Galiza, máis de 2.500 traballadores e traballadoras, após acabar sen acordo a xuntanza desta segunda feira entre Xunta e representantes do persoal. A Xunta deu por rotas as negociacións cos sindicatos. Na reunión trasladou unha nova proposta de subasalarialdesta vez non liñal e por corpos. En concreto, 135 euros ao mes para os forenses, 133 para os xestores, 108 para os tramitadores e 105 para os de auxilio.

O comité de greve, após rebaixar as súas peticións iniciais mantén a súa solicitude en 190 euros liñais e considera que a última proposta presentada pola Xunta é "moi parecida" á formulada pola Xunta en encontros anteriores, propostas que consideraron xa entón “insuficientes”.

Desde as centrais tense criticado que a Xunta propoña agora subas que son en base aos cartos que os traballadores de xustiza “perderon” nestes xa 42 días de greve. Anuncian máis mobilizacións e actos de protesto.

Comentarios