A CIG cumpre dúas décadas

A nova central dotouse dos seguintes principios de funcionamento: sindicalismo de clase, nacionalismo "porque a Galiza é unha nación sen soberanía política ao servizo de intereses alleos submetida e dependente economica, política e culturalmente", e autoorganización.

cig_dentro
photo_camera [Imaxes de arquivo: Fesga]

Tal día coma hoxe, hai dúas décadas, relaizouse o Congreso Constituínte da CIG, concluíndo desta maneira o achegamento entre outras dúas centrais: a CXTG-IN e a INTG, esta última consecuencias da unificación entre a Intersindical Nacional Galega, a primeira central sindical nacional, coa Central de Traballadores Galegos (1980) e, posteriormente, coa Confederación Sindical Galega (1982).

Así as cousas, foi a folga xeral do 14 de decembro de 1988 contra a regresión na contratación da mocidade que implicaba o Plano de emprego xuvenil --aprobado polo goberno do PSOE de Felipe González-- o punto de inflexión que marcou un cambio de tendencia. CXTG e INTG realizaron convocatorias propias en chave nacional e de clase.

O seguinte paso decisivo foron as eleccións sindicais de 1990, onde a Converxencia Intersindical Galega --constituída en abril dese mesmo ano-- acadou un 23,2% do total de elexid@s na Galiza, 3.527 delegad@s. O 2 de abril de 1992 realízase unha folga nacional no noso País que conta co apoio das centrais sindicais, agrarias e estudantís. En 1994, cando se celebra o Congreso Constituínte da CIG, o desemprego afecta 205.000 galeg@s. 

A nova central dotouse dos seguintes principios de funcionamento: sindicalismo de clase, nacionalismo "porque a Galiza é unha nación sen soberanía política ao servizo de intereses alleos submetida e dependente economica, política e culturalmente", e autoorganización. Aliás, acreditou tamén no internacionalismo, a solidariedade entre os pobos, a transformación da sociedade e a normalización lingüística como ferramentas para mudar as condicións da clase obreira galega. E desde aquela, até hoxe.

Comentarios