A mobilización por Alcoa toma a Deputación de Lugo

Centos de persoas exixen nunha manifestación na cidade solucións paraa planta de San Cibrao. Ducias de manifestantes accederon ao interior da entidade provincial. 

alcoa

Centos de persoa manifestáronse esta cuarta feira en Lugo, procedentes en boa medida da comarca da Mariña, para exixir solucións para Alcoa San Cibrao, planta sobre a que paira o temor a que feche.

A manifestación, que reuniu máis de mil persoas, saíu da estación de autobuses da cidade para rematar na Deputación provincial, a cuxo interior accederon ducias de manifestantes para exixir compromisos. Petardos, bengalas e un rosario de crucifixos que portaban os mobilizados, adornaron esta manifestación, onde se corearon distintas consignas contra o Goberno. Deste xeito, púidose escoitar "Enerxía solución" ou "Maroto (pola ministra de Industria) non nos vendas a moto", entre outros eslóganes.

A manifestación demandaba compromisos e actuacións que garantan a continuidade do emprego e a actividade en San Cibrao. Desde o comité indican que é necesario abaratar o prezo da enerxía a por volta de 40 euros o megawatt para poder “respirar”.

O estatuto electrointensivo aprobado polo Goberno español non convence o cadro de persoal. O comité de empresa da planta de Alcoa en San Cibrao presentou as alegacións ao novo estatuto e que pivotan sobre o dióxido de carbono (CO2), por "fixar un marco estable no apoio" ás emisións. "É unha medida que ten a Unión Europea para evitar que as empresas se vaian do Estado español e do resto de países", explicou.

Así mesmo, Zan precisou que esa medida "é unha axuda ao imposto ao CO2, porque noutros países como Marrocos non teñen" estes tributos para reducir as emisións. "O que se carga ese imposto na produción fai que as empresas sexan menos competitivas", inferiu.

Comentarios