sábado 29/01/22

As autónomas galegas padeceron case 2.000 accidentes laborais ao longo de 2020

Agtamar-Upta forneceu estas cifras, certamente preocupantes e acaecidas a pesar do paro nalgunhas actividades derivado da pandemia, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Seguridade e a Saúde no traballo.

Un carpinteiro en pleno traballo. (Foto: Ministerio de Emprego)
Un carpinteiro en pleno traballo. (Foto: Ministerio de Emprego)

O ano pasado foi un exercicio raro a todos os niveis, incluído o laboral, pero a parálise imposta pola pandemia en moitos sectores non freou os accidentes laborais. Segundo Agtamar-UPTA , 2020 fechou na Galiza cun total de 1.912 sinistros no traballo entre as e os autónomos.

Da cifra global hai que ter en conta que 102 episodios revestiron bastante gravidade mentres que outros seis remataron co falecemento das ou dos afectados.

Segundo as mesmas fontes, os incidentes mortais foron en Lugo (tres), Pontevedra (dous) e na Coruña (un). O resto dos accidentes graves saldáronse sen vítimas.

Aliás, 1.810 persoas que traballan por conta propia no país tiveron algún tipo de accidente no ámbito laboral, rexistrándose a maior concentración nas comarcas coruñesas. Alí houbo 800 accidentes leves e medio cento dos máis preocupantes.

Na área de Pontevedra contabilizáronse 467 pequenos episodios e 29 graves. Así se destaca como unha forma de facer un chamamento a incrementar as medidas de control na conmemoración do Día Internacional da Seguridade e a Saúde no traballo.

Apoio administrativo

De feito, o presidente da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA), Eduardo Abad, demandou a "sensibilización das administracións para deseñar estratexias para atallar esta problemática e reducir o número de accidentes”.

"A saúde e a prevención dos riscos laborais na contorna do traballo autónomo deben constituír os eixos prioritarios da estratexia do novo modelo de traballo por conta propia que estamos a comezar a desenvolver", defendeu. En calquera caso, agradeceu o papel do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) respecto da xestión da Covid-19.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

As autónomas galegas padeceron case 2.000 accidentes laborais ao longo de 2020
comentarios