Acusan Hotusa de usar as cancelacións por Coronavirus para facer despedimentos “selectivos”

CIG acusa a cadea hoteleiras de “política antisindical” e despedir “de maneira selectiva oito traballadoras en menos dun mes”.

Instalacións de Hotusa en Chantada (Cedida)
photo_camera Instalacións de Hotusa en Chantada (Cedida)

O sindicato CIG acusa o consorcio hoteleiro Hotusa, un dos máis importantes do Estado, de despedir no último mes oito traballadoras e traballadores das oficinas que Restel (a súa central de reservas) ten en Chantada. En cinco destes despedimentos, afirma a central, a empresa pon como “escusa a baixada nas reservas e as cancelacións que está a provocar a expansión do Covid-19”.

Para a CIG esta non é “máis que unha escusa, porque na realidade Hotusa está a aproveitar esta supostas causas obxectivas para aplicar despedimento moi selectivos, xa que se afectan a persoas que a empresa vincula coa CIG”.

Lembra o sindicato nacionalista que o pasado ano o grupo promoveu unha asemblea entre o persoal “para revogar as tres delegadas da CIG, xusto o día despois de saíren elixidas. Esta actuación antisindical foi denunciada e o Xulgado do Social anulou tanto a asemblea como a revogación das compañeiras ao atopar numerosas irregularidades no proceso”.

Comentarios