A CIG insta a Xunta a dar seis semanas adicionais permiso de maternidade ao outro proxenitor no emprego público

O sindicato nacionalista emitiu esta cuarta feira un comunicado no cal reclama á Xunta que modifique a súa norma de emprego público para estender de 16 a 22 semanas o permiso para o proxenitor distinto da nai biolóxica.
O secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, en rolda de prensa. (Foto: Europa Press)
photo_camera O secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, en rolda de prensa. (Foto: Europa Press)

A Confederación Intersindical Galega (CIG) insta a Xunta a reformar a lei galega de emprego público para estender ao outro proxenitor o permiso adicional de maternidade de seis semanas, co obxectivo de que sexan os dous pais os que conten cun total de 22 semanas.

Esta petición chega despois de que o pasado 6 de xuño o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) ditase unha sentenza, en resposta a un recurso promovido polo sindicato nacionalista, no cal se recoñece a un traballador da Administración autonómica -concretamente, do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar- que conte con esas seis semanas adicionais que lle eran denegadas.

Nesta sentenza, a Sala do social do alto tribunal galego afirmaba que o artigo 124.1 da lei de emprego público da Galiza é contrario a unha directiva europea do ano 2019 sobre conciliación, así como o artigo 14 da Constitución e a Lei Orgánica 3/2007, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Tras esta sentenza, a CIG emitiu esta cuarta feira un comunicado no cal reclama á

que modifique a súa norma de emprego público para estender de 16 a 22 semanas o permiso para o proxenitor distinto da nai biolóxica.

Mentres non se faga efectivo este cambio legal, a CIG reclama que se emita unha instrución para recoñecer inmediatamente ese dereito a todos os traballadores públicos.

Progresividade

En calquera caso, o sindicato pide iniciar unha negociación coa Administración para ampliar estes permisos "dun modo progresivo" até as 52 semanas, para equipararse "cos dereitos máis avanzados a nivel europeo" en materia de coidados e conciliación.

Comentarios