A Xunta non solicitou ao CES ditame da Lei do litoral

As relacións entre a Xunta da Galiza e o Consello Económico e Social (CES) non viven os seus mellores momentos. O Goberno galego prescindiu de solicitar ao organismo o ditame preceptivo sobre o proxecto de Lei de Ordenación e Xestión Integral do Litoral da Galiza. A decisión do Executivo de Rueda incumpre o fixado na propia lexislación de creación do CES.

cesg
photo_camera Núñez Feixoo saúda Agustín Hernández tras nomealo presidente do CES en 2019. (Foto:Europa Press)
Comentarios