sábado 19/06/21

Unha tese da Uvigo afirma que a prensa en galego era dependente da española até a chegada de 'Nós Diario'

Coa chegada deste mesmo ano, 2020, a lectura de prensa en galego deixou de ser “dependente e complementaria da española”. Foi debido á irrupción de Nós Diario no sistema mediático galego. Así o demostra a investigadora da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo Silvia Duarte, na súa tese de doutoramento A ideoloxía na para/tradución e nos transvases de información: análise da situación da prensa en galego, dirixida polos doutores Silvia Montero e Xoán Manuel Garrido.

O primeiro número de 'Nós Diario', na rotativa.
O primeiro número de 'Nós Diario', na rotativa.
comentarios