Unha muller de Quiroga leva dous anos sufrindo o que cualifica como “odisea na xestión de citas médicas” para poder ser atendida da doenza incapacitante que padece. Unha situación que se agrava após que o traumatólogo lle advertise, afirma a familia desa muller, que se non é atendida “con rapidez” pode ficar en cadeira de rodas.
A familia denuncia que desde o HULA cambian “sen explicación nin xustificación” unha cita urxente. A paciente, que agardaba ser operada de dúas hernias discais, sofre agora tamén vertixe e depresión “como consecuencia deste longo e desagradábel periplo sanitario”.
A muller acumula seis citas sen ser atendida do seu problema, denuncian.