O proxecto 'Cholo e Nela' celebra esta edición o seu 25º aniversario

Carlos R. Calvente, mestre: "Moitos colexios que participaron nas primeiras convivencias hoxe están fechados"

Este ano a experiencia de convivencia infantil "Cholo e Nela" está de aniversario. Levan 25 anos relacionando aulas e alumnado de 3 a 6 anos de diferentes colexios tomando como base a cultura, a lingua e o xogo. Carlos R. Calvente é un dos responsábeis do proxecto xunto a un equipo de profesorado moi motivado que terá, por segundo ano consecutivo, que trasladar a actividade presencial e lúdica ao formato dixital polas medidas que están a adoptar pola pandemia.  
Á esquerda o equipo de Cholo e Nela na edición de 2018. Á dereita, Ramón R. Calvente na de 2006 (Carlos G. Hervella/ O Sil/ Nós Diario).
photo_camera Á esquerda o equipo de Cholo e Nela na edición de 2018. Á dereita, Ramón R. Calvente na de 2006 (Carlos G. Hervella/ O Sil/ Nós Diario).
Comentarios