Queremos Galego sae á rúa en defensa da lingua

A plataforma cidadá Queremos Galego volverá ocupar as principais prazas da Galiza perante a situación de emerxencia lingüística que vive o país. O lema da convocatoria é ‘Emerxencia lingüística. Precisamos do galego’, e terá lugar nas 7 cidades galegas simultaneamente ás 20 horas. En Santiago, na Praza do Toural; na Coruña, no Obelisco; en Ferrol, na Praza Amada García (diante da delegación da Xunta); en Lugo e en Ourense, na Praza Maior; en Pontevedra, na Praza da Peregrina; e en Vigo; na Praza da Princesa.
manifa galego sempre en galiza
photo_camera Manifestación en defensa da lingua da Plataforma Queremos Galego (GZ Contrainfo).
Comentarios