As universidades de Minho e Compostela organizan de maneira conxunta unhas xornadas sobre as nacións sen estado en Europa focando a atención naqueles procesos de autodeterminación máis avanzados como o escocés e o catalán.
Nunha dupla xornada de debate, que terá lugar os días 18 e 19 de abril, distintas persoas de Gales, Escocia, Inglaterra, Catalunya, Euskal Herria, Portugal, Galiza e o Estado español, afondarán nos retos e oportunidades que achegan aqueles procesos que sitúan as nacións sen estado á beira da independencia.
A actividade está financiada pola Fundación Coppieters e na Galiza decorrerá o 19 de abril no Paraninfo da Universidade de Xeografía e Historia a partir das 09:30.
Podes consultar o programa completo das xornadas na seguinte ligazón.