A loita identitaria tamén se libra na matrícula: Interior, obrigado a revogar multas por colar o 'GZ' por riba do 'E'

Cubrir cun adhesivo o 'E' de España nas placas dos vehículos non é obxecto de sanción segundo a lei, que unicamente estipula que non poderá presentar "obstáculos que impidan ou dificulten a súa lectura ou identificación". Por este motivo, o Ministerio anula as multas impostas.
O secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, foi sancionado en múltiples ocasións por negarse a retirar o adhesivo que tapa o 'E'. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Un vehículo co adhesivo 'GZ' tapando o 'E' da matrícula. (Foto: Nós Diario)
Comentarios