O avión A-400 do Exército do Aire, que trasladará os tres sobreviventes e cinco dos falecidos do 'Vila de Pitanxo', despegou de Terranova (Canadá) pasadas as 19 horas desta segunda feira.
Aínda que inicialmente estaba previsto que o avión chegase ás 18 horas á base militar de Lavacolla, en Compostela, non será até arredor da medianoite entre esta segunda e a terza feira debido ao atraso polos trámites burocráticos para realizar para a repatriación. Prevese que o voo dure perto de cinco horas.
Pola súa parte, está previsto que o presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, acuda a recibir á tripulación do 'Vila de Pitanxo' e se reúna con familiares das vítimas na capital da Galiza.
Namentres, os afectados, que reclaman que se prosiga a procura dos seus familiares, manteñen un encontro co titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo.
[En ampliación]