Un incendio forestal aínda activo na parroquia da Barxa, na Gudiña, arrasa 440 hectáreas. A Xunta chegou a declarar a situación 2 pola proximidade de vivendas do lugar do Seixo e solicitou a axuda do exército.O lume comezou a quinta feira en Portugal e afecta ao Concello da Gudiña. Segundo os datos achegados polo Goberno galego, na extinción participan cinco axentes, 13 brigadas, un técnico, catro helicópteros e dous avións.
Este incendio é xa un dos que queimou máis superficie este verán canda o de Monforte de Lemos, en arderon case 500 hectáreas.
Ademais do da Gudiña, hai lumes activos en Chandrexa de Queixa, dous en Quiroga, un en Riós e outro en Palas de Rei.